Comunicado da ASI, sección serbia da AIT, sobre a detención de 6 dos seus membros

O 4 de setembro de 2009 o Tribunal local de Belgrado decidia que os membros da ASI detidos serian retidos durante 30 dias. Os nosos compañeiros están acusados dun acto de terrorismo internacional. A Confederación de Sindicatos “Iniciativa Anarco-sindicalista” enterou-se através dos meios de comunicación do ataque à embaixada grega e da organización que o asumiu.

Aproveitamos esta oportunidade para recordar unha vez mais à opinión pública que estes métodos de luita política individual non son os do anarco-sindicalismo, mais bien ao contrário: nós proclamamos públicamente as nosas posicións políticas e buscamos atraer às masas ao movimento sindicalista e às organizacións libertárias e progresistas meiante o noso traballo.

O Estado, querendo calar as suas críticas e através dos seus meios de represión, actua cunha lóxica absurda, cataloga como sospeitosos a quen declara explícitamente os seus pontos de vista libertários e fecha o caso meiante o seu encarceramento para dar unha falsa imaxe de eficiéncia à opinión pública.Poden-se observar as formas pouco escrupulosas de actuar das institucións do réxime desde os primeiros momentos da detención, os rexistros ilegais dos seus apartamentos, a intimidación às suas famílias e as acusacións desproporcionadas de terrorismo internacional.

Dado o feito de que non apoiamos as accións do agora famoso grupo anarquista “Crni Ilija”, non podemos caracterizar o sucedido como “terrorismo internacional” xa que o terrorismo, por definición, entraña unha ameaza contra a vida de civís, no entanto que neste caso ninguén resultou nen sequer ferido e só se produciron danos simbólicos.

Está claro que esta farsa elaborada polo Estado é só un xeito de intimidar a calquera que decida sinalar a inxustiza e desesperanza da sociedade contemporánea. En tempos de adormecemento social hai indivíduos que optan polas accións mais incribeis, às veces auto-destrutivas, para romper co bloqueo mediático e por as suas demandas no centro de atención (recordemos aos traballadores que se cortaron e comeron os seus próprios dedos ou, por exemplo, ao hombre desgraciado e afilixido que ameazou con facer estalar unha granada no edifício da Presidéncia de Sérbia), é dicer, tratando de que un amplo sector social coñeza os seus problemas.

Non deixemos que nos convenzan de que un acto simbólico de solidariedade, ainda expresado de xeito erróneo, poda ser tratado como un acto anti-social ou terrorista, xunto a calquera outro acto de rebelión de quen ten sido desposuid@ de direitos. Expresamos a nosa solidariedade cos compañeiros detidos e as suas famílias e pedimos que se estabeleza a verdade sobre este caso.

INICIATIVA ANARCO-SINDICALISTA

This entry was posted on Friday, October 23rd, 2009 at 10:48 and is filed under Galego. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

 

Leave a Reply